                                   Tux Paint
                                 versión 0.9.28
                               Documentación PNG

        Copyright © 2007-2022 by varios colaboradores; see AUTHORS.txt.
                             https://tuxpaint.org/

                               4 de Xuño de 2022

                                  Sobre os PNG

   PNG é o formato de Gráficos de Rede Portátiles. É un estándar aberto, non
   lastrado polas patentes (como os GIF). É un formato moi comprimido (aínda
   que non é «con perda» como os JPEG: a perda permite que os ficheiros sexan
   moito máis pequenos, mais introduce «erros» na imaxe cando se gardan) e
   admite cores de 24 bits (16,7 millóns de cores), así como unha «canle
   alfa» completo, é dicir, cada píxel pode ter un grao de transparencia
   variábel.

   Para obter máis información, visite:http://www.libpng.org/

   Estas características (apertura, perda, compresión, transparencia/alfa)
   convérteno na mellor opción para Tux Paint. (A compatibilidade de Tux
   Paint co formato PNG procede da biblioteca de código aberto SDL_Image, que
   á súa vez a obtén da biblioteca libPNG.)

   A compatibilidade con moitas cores permite utilizar imaxes de «selo de
   caucho» de calidade fotográfica en Tux Paint e a transparencia alfa
   permite pinceis de alta calidade.

Como facer imaxes PNG

   A continuación amosarase unha lista moi breve de xeitos de crear PNG ou
   converter as imaxes existentes a PNG.

   GIMP & Krita

           GIMP e Krita son dúas excelentes ferramentas coas que crear imaxes
           PNG para usar en Tux Paint , ambos son programas de debuxo
           interactivo e edición de fotos de código aberto de alta calidade.

           É probábel que un ou ambos xa estean instalados no seu sistema. Se
           non, deberían estar dispoñíbeis no repositorio de software da súa
           distribución Linux. Se non é así, ou para obter máis información,
           visite http://www.gimp.org/ e http://www.krita.org/
           respectivamente.

   Ferramentas da liña de ordes

                NetPBM

                        As ferramentas de Mapas de bits Portátil –Portable
                        Bitmap– (coñecidas colectivamente como «NetPBM») son
                        unha colección de ferramentas de liña de ordes de
                        código aberto que converten a e dende varios
                        formatos, incluíndo GIF, TIFF, BMP, PNG e moitos
                        máis.

                        É posíbel que xa estea instalado no seu sistema. Se
                        non, estarán dispoñíbeis no repositorio de software
                        da súa distribución Linux. Se non é así, ou para
                        saber máis, visite http://netpbm.sourceforge.net/.

                cjpeg/djpeg

                        Os programas de liña de ordes «cjpeg» e «djpeg»
                        converten entre o formato NetPBM Calquera mapa
                        portátil –Portable Any Map– (PNM) e os JPEG. É
                        posíbel que xa estea instalado no seu sistema. Se
                        non, estarán dispoñíbeis no repositorio de software
                        da súa distribución Linux. Se non é así, ou para
                        saber máis, visite https://jpegclub.org/.

   Proprietary Software for Windows
              * CorelDRAW (Corel) — http://www.corel.com/
              * Illustrator (Adobe) —
                http://www.adobe.com/products/illustrator.html
              * Paint Shop Pro (Corel) — https://www.paintshoppro.com/
              * Photoshop (Adobe) —
                http://www.adobe.com/products/photoshop.html
              * PIXresizer (Bluefive software) —
                http://bluefive.pair.com/pixresizer.htm

   Usuarios de Macintosh
              * CorelDRAW (Corel) — http://www.corel.com/
              * GraphicConverter (Lemke Software) —
                https://www.lemkesoft.de/mac-fotobearbeitung-mac-diashow-mac-grafikprogramm-mac-bildbetrachter/
              * Illustrator (Adobe) —
                http://www.adobe.com/products/illustrator.html
              * Photoshop (Adobe) —
                http://www.adobe.com/products/photoshop.html
